19/06/2021
PLÁSTICOS A MARES...
LIGA DEBATE: GRANDES FINAIS...
O xoves 17 de xuño de 2021, celebráronse na nosa Biblioteca as dúas grandes finais da Liga debate.
Alejandra, Dani e Manuel de 1º da ESO enfrontáronse a Daniel, Julián e Martín de 2º, propoñendo alternativas a un hipotético castigo dun profesor.
Por outra banda, José e Manuel de 3º da ESO debateron con Aarón, Daniel e Íker de 4º facendo suxerentes propostas de viaxes de final de curso.
Os profesores de Lingua galega e Lingua castelá, Carmen e Rubén, tivérono ben difícil... Por iso, a decisión final foi outorgar dous premios ex-aequo a todos os participantes.
Parabéns ás oradoras e aos oradores!!!!👏👏👏👏
14/06/2021
DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS
Un sáudo solidario desde Padrenda cos alumnos de 2º de ESO:
13/06/2021
JACQUES PRÉVERT EN GALEGO...
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria recitaron os versos de Jacques Prévert Pour faire le portrait d'un oiseau (Para facer o retrato dun paxaro) na nosa lingua.
Escoitamos:
29/05/2021
17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS
XELA ARIAS
Celebramos o Día das Letras Galegas ao redor da figura de Xela Arias e da poesía. Os alumnos de Primaria e de ESO realizaron varias gravacións de poemas en galego, castelán e inglés, rendindo homenaxe a distintos autores da literatura universal: William Shakespeare, Jacques Prévert, Roald Dahl, Álvaro Cunqueiro, Castelao, Manuel María, Antonio Machado, Federico García Lorca, Adolfo Bécquer Gloria Fuertes e Xela Arias...
Aquí tedes o enlace para escoitar aos nosos poetas...
https://www.edu.xunta.gal/
María, Natalia e Daniel de 2º de ESO foron os gañadores do concurso de recitado de poesías e recibiron un pequeno agasallo na biblioteca.
24/04/2021
ARTES PLÁSTICAS E LIBROS...
Para o Día do Libro, os alumnos de ESO realizaron algunhas composicións orixinais co libro como protagonista.
Aquí, temos algunhas mostras destas creacións artísticas:
Composicións corporais:
Montaxes fotográficas con perspectivas deformadas:
Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
XELA ARIAS Celebramos o Día das Letras Galegas ao redor da figura de Xela Arias e da poesía. Os alumnos de Primaria e de ESO realizaron vari...
-
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022 no CPI de Padrenda! Desde este espazo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega saúdavos e anímavos a...












