04/11/2021
Historias para non durmir
Durante a semana previa ao día de defuntos, na entrada do colexio situamos unha exposición de lecturas arrepiantes para levar para a casa. Da biblioteca saíron relatos de terror e misterio para públicos valerosos de todas as idades. E é que nos encantan as nosas historias de intriga e medo, aquelas que nos contan ou contaron as nosas avoas e avós, mais tamén os contos doutras culturas, ás veces tan semellantes aos nosos.
Para a lembranza, deixamos unhas fotos do ben que luciu o posto de lecturas.
Portas arrepiantes no CPI de Padrenda
Para pegar a volta. Durante a derradeira semana de outubro, co gallo do Samaín, as portas do noso cole adobiáronse con motivos pavorosos. Eis aquí algunhas mostras, pero avisamos: as imaxes poden provocar pesadelos nocturnos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
Con este pequeno vídeo, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria queren denunciar a contaminación provocada polas toneladas de plásticos que ...
-
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
Letras, lingua, cultura, sérvennos para cubrir o exterior e o interior coma a vestimenta e os complementos. Estes, como se pode ver nesta ...