Un sáudo solidario desde Padrenda cos alumnos de 2º de ESO:
Un sáudo solidario desde Padrenda cos alumnos de 2º de ESO:
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria recitaron os versos de Jacques Prévert Pour faire le portrait d'un oiseau (Para facer o retrato dun paxaro) na nosa lingua.
Escoitamos:
XELA ARIAS
Celebramos o Día das Letras Galegas ao redor da figura de Xela Arias e da poesía. Os alumnos de Primaria e de ESO realizaron varias gravacións de poemas en galego, castelán e inglés, rendindo homenaxe a distintos autores da literatura universal: William Shakespeare, Jacques Prévert, Roald Dahl, Álvaro Cunqueiro, Castelao, Manuel María, Antonio Machado, Federico García Lorca, Adolfo Bécquer Gloria Fuertes e Xela Arias...
Aquí tedes o enlace para escoitar aos nosos poetas...
https://www.edu.xunta.gal/
María, Natalia e Daniel de 2º de ESO foron os gañadores do concurso de recitado de poesías e recibiron un pequeno agasallo na biblioteca.
Para o Día do Libro, os alumnos de ESO realizaron algunhas composicións orixinais co libro como protagonista.
Aquí, temos algunhas mostras destas creacións artísticas:
Composicións corporais:
Montaxes fotográficas con perspectivas deformadas:
Ao longo desta semana, a nosa biblioteca transformouse nunha verdadeira feira de libros !
Pequenos e maiores gozaron da ilusión de levar para as súas casas varios libros regalados pola Biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro.
Ademais, realizamos unha exposición de fotos no vestíbulo do Centro cos retratos de todos os membros da Comunidade educativa cun libro especialmente significativo para cada un e baixo o lema de:
"Viaxamos cos libros"...
A finais de marzo, o alumnado de Primaria e da ESO fixo unha pequena excursión pola contorna durante a cal eliminou lixo, gozou con música e cantigas en lingua galega.
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...