17/12/2021
Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos
04/11/2021
Historias para non durmir
Portas arrepiantes no CPI de Padrenda
23/10/2021
UN DÍA NA RIBEIRA DO RÍO TRONCOSO
VENRES, 22 DE OUTUBRO DE 2021
Durante todo o traxecto, parabamos a miúdo para identificar árbores e arbustos (carballos, faias, castiñeiros, carballos, salgueiros, loureiros, érbedos...). Os nosos guías explicáronnos o que eran as EEI (Especies Exóticas Invasoras) que atopamos no camiño: eucaliptos, acacias, canas, bambús e orellas de gato. Sabemos agora o perigo que supoñen para a vexetación autóctona e a destrución da biodiversidade.
Dúas horas despois, chegamos a un sitio na ribeira do río onde os monitores organizaron unha serie de talleres para converternos en verdadeiros biólogos!!!! Pero antes recuperamos forzas, xa que era a hora de xantar...
O taller de macroinvertebrados permitiunos observar e identificar distintos tipos de larvas de insectos acuáticos que Ángel foi recoller con seu traxe de pescador e a súa rede.
E por último, a través de diferentes xogos recoñecemos plantas, árbores, paxaros e pegadas de animais.
Foi unha xornada moi intensa e divertida onde aprendemos que temos que protexer a nosa contorna, especialmente os nosos bosques e ríos!!!
17/10/2021
Descifrando a Historia. Pequenas pílulas de coñecemento para seren ouvidas
"A idea xurdiu durante o confinamento. Eu estaba naquel momento en Francia e levaba un tempo buscando proxectos que falasen sobre a historia de Galiza, mais vin que ese espazo estaba bastante baleiro. Foi aí cando comecei a pensar que estaría ben que existise un espazo de difusión e de debate para tratar a nosa historia, e tomei a decisión de crealo eu. Optei polo formato audiovisual, e en específico o podcast, porque era o que máis se axustaba ao que eu quería facer."
Quen así se expresa é David Xesteira, historiador, divulgador e fundador nas redes sociais da serie de podcast Descifrando a Historia. Pretende con esta exitosa iniciativa -que ten apenas de vida un ano- achegar pasaxes da nosa historia quizais pouco consabidas, aquelas que non aparecen nos libros de texto e que son ás veces a parte da anécdota, mais que contribúen a completar o porqué de hoxe sermos a sociedade que somos.
Concurso de portas terroríficas
Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022 no CPI de Padrenda! Desde este espazo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega saúdavos e anímavos a participar no Concurso de portas terroríficas. Durante as vindeiras dúas semanas decoraredes as portas das vosas aulas con motivos arrepiantes, que provoquen verdadeiro pavor de só pasarlles por diante... E é que xa chegou o samaín!
De modo que a enxeñar ideas terroríficas para vestir as portas. Tende en conta o verdadeiro significado desta festividade para a nosa cultura (podedes ler na ligazón de máis arriba sobre o tema). Os grupos premiados obterán un obsequio para tolear as cabezas... Buuuuuuuuh!
20/06/2021
A NOSA MEMORIA A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA
Letras, lingua, cultura, sérvennos para cubrir o exterior e o interior coma a vestimenta e os complementos. Estes, como se pode ver nesta exposición, varían ao longo do tempo pero... SEMPRE SON ESENCIAIS !
PROTEXAMOS E AMEMOS
O GALEGO
COMO PARTE DE NÓS!!!!
19/06/2021
PLÁSTICOS A MARES...
LIGA DEBATE: GRANDES FINAIS...
O xoves 17 de xuño de 2021, celebráronse na nosa Biblioteca as dúas grandes finais da Liga debate.
Alejandra, Dani e Manuel de 1º da ESO enfrontáronse a Daniel, Julián e Martín de 2º, propoñendo alternativas a un hipotético castigo dun profesor.
Por outra banda, José e Manuel de 3º da ESO debateron con Aarón, Daniel e Íker de 4º facendo suxerentes propostas de viaxes de final de curso.
Os profesores de Lingua galega e Lingua castelá, Carmen e Rubén, tivérono ben difícil... Por iso, a decisión final foi outorgar dous premios ex-aequo a todos os participantes.
Parabéns ás oradoras e aos oradores!!!!👏👏👏👏
14/06/2021
DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS
Un sáudo solidario desde Padrenda cos alumnos de 2º de ESO:
13/06/2021
JACQUES PRÉVERT EN GALEGO...
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria recitaron os versos de Jacques Prévert Pour faire le portrait d'un oiseau (Para facer o retrato dun paxaro) na nosa lingua.
Escoitamos:
29/05/2021
17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS
XELA ARIAS
Celebramos o Día das Letras Galegas ao redor da figura de Xela Arias e da poesía. Os alumnos de Primaria e de ESO realizaron varias gravacións de poemas en galego, castelán e inglés, rendindo homenaxe a distintos autores da literatura universal: William Shakespeare, Jacques Prévert, Roald Dahl, Álvaro Cunqueiro, Castelao, Manuel María, Antonio Machado, Federico García Lorca, Adolfo Bécquer Gloria Fuertes e Xela Arias...
Aquí tedes o enlace para escoitar aos nosos poetas...
https://www.edu.xunta.gal/
María, Natalia e Daniel de 2º de ESO foron os gañadores do concurso de recitado de poesías e recibiron un pequeno agasallo na biblioteca.
24/04/2021
ARTES PLÁSTICAS E LIBROS...
Para o Día do Libro, os alumnos de ESO realizaron algunhas composicións orixinais co libro como protagonista.
Aquí, temos algunhas mostras destas creacións artísticas:
Composicións corporais:
Montaxes fotográficas con perspectivas deformadas:
Enigmas para o Mes da Ciencia en Galego en Crespos
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser pa...
-
Ao longo desta semana, a nosa biblioteca transformouse nunha verdadeira feira de libros ! Pequenos e maiores gozaron da ilusión de levar p...
-
Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022 no CPI de Padrenda! Desde este espazo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega saúdavos e anímavos a...














